Desarrollo web

Desenvolvemento web

A creación dun sitio web implica o seu deseño, programación e desenvolvemento para, mediante distintas páxinas, dar a coñecer dixitalmente produtos e servizos.

No que á estética da web se refire, debe orientarse a ofrecer a mellor experiencia de usuario e ha de estar en consonancia co que se vende ou ofrece.

Calquera interface que imaxines, poderá verse na pantallas de todo o mundo grazas ao traballo dun programador web.

Posicionamento SEO

As estratexias de SEO ou posicionamento web permiten que os teus potenciais clientes te atopen facilmente por internet ao estar situado nos primeiros lugares de buscadores como Google.

Baséase en ofrecer uns contidos coherentes para que a navegación polas páxinas web sexa agradable e, ao mesmo tempo, insistir nos conceptos clave para a túa empresa ou proxecto.

Estas técnicas están en constante evolución e inflúen no deseño, a programación, o desenvolvemento, a xeración de contidos e, en xeral, en todos os factores que manteñen vivas as páxinas web.

Desarrollo web
Desarrollo web

TENDAS ONLINE

As tendas online ofrécenlles aos clientes e usuarios a posibilidade de adquirir produtos e servizos dende ordenadores e outros aparellos electrónicos de modo que podan, incluso, realizar pagos.

É posible configurar o funcionamento da tenda de maneira personalizada así como os elementos poden ordenarse atendendo aos criterios que se desexe.

As tendas físicas continúan sendo necesarias pero o e-commerce resulta imprescindible para adaptarse ás novas realidades.

Optimización web para dispositivos móbiles

A adaptación dun sitio web serve para que quen a visita desfrute dunha boa experiencia cando o fai dende un teléfono móbil ou unha tablet.

Implica engadir comentarios na programación para que os contidos móstrense correctamente en pantallas de menor tamaño cas dos ordenadores.

Empregar pantallas verticais converteuse nun acto cotiá para a comunicación, o comercio e o ocio.

Desarrollo web
Desarrollo web

Programación de extensións

Os sistemas de xestión de contidos como Joomla posibilitan que os programadores cren complementos para que os sitios web respondan ás esixencias dunha empresa ou proxecto online concreto.

Estas extensións son desenvolvidas para facilitar a labor de quen usan as páxinas web tanto dende o backend como dende o frontend e son tamén válidas para as aplicacións web.

Se queres engadir unha nova función á túa web, un programador terá que implementala para que poda ser escaneada.

Maikol Fustes

Ortigueira - A Coruña
682 467 905
maikol@maikol.eu
Lun - Sáb de 8:00 a 19:30
icono-whatsapp Servizos | Programación Web Ortegal - Maikol Fustes